Sinopsis
Abril de 2022. A unha antiga casa baleira acábase de mudar unha parella de mozos, Manzano e Pía. Dende a primeira noite que pasan nela, perciben que hai algo que os conecta con ese lugar. Un cadro pendurado na parede é o único e solitario obxecto que deixaron os antigos inquilinos.
Abril de 1979. Casal, un pintor novo, traballa no seu estudio nunha nova obra. Greta, a súa parella e musa, posa para el. As pinceladas proxectadas no lenzo serán o testemuño dese instante anos despois.