Sinopsis
Sandra, unha escritora alemá, vive co seu marido Samuel e o seu fillo cego, Daniel, nun chalé no medio dos Alpes franceses. Cando Samuel falece en misteriosas circunstancias, a investigación non pode determinar se se trata dun suicidio ou dun homicidio. Sandra é arrestada e xulgada por asasinato, e o proceso pon a súa tempestuosa relación e a súa ambigua personalidade no punto de mira.
PREMIOS
2023: Premios Oscar: Mellor guión orixinal. 5 nominacións
2023: Festival de Cannes: Palma de Ouro (mellor película)
2023: Premios Globos de Ouro: Mellor guión e Mellor película de fala non inglesa
2023: Premios BAFTA: Mellor guión orixinal. 7 nominacións
2023: Premios César: 6 premios incluíndo Mellor película e Mellor dirección