Sinopsis
Na Galicia rural, un matrimonio de anciáns vive afogado na súa rutina. Sole está recluída na casa por e para o seu marido, como lle ensinaron. Todas as noites, Mario volve bébedo; os días repítense. Os dous teñen moita carraxe acumulada nas súas vidas, e só un deles consegue sacala.