Sinopsis
Valdeorras é unha rexión vitivinícola situada na fronteira física e climática de Galicia. Con invernos fríos e veráns moi calorosos, a conservación do viño foi un reto que se solucionou mediante a construción de centos de covas que actualmente manteñen un arraigado uso social. Covas de Valdeorras é un relato coral sobre a historia, o uso e a tipoloxía destas covas, centrado no significado emocional que teñen para os seus actuais propietarios. Unha oportunidade para visitar este patrimonio histórico cos protagonistas do seu presente.