Sinopsis
A masificación turística, a ocupación do espazo público, o aumento do prezo da vivenda ou a perda do comercio tradicional non o sofren apenas as grandes cidades. (Des)facendo barrio trata estes temas a través da ollada única dos veciños do barrio de San Pedro, en Santiago. A súa condición de entrada do Camiño Francés, sumada ao aumento de visitantes da capital galega, failles temer que o seu fogar se converta nunha autopista para turistas.