Sinopsis
Sonia, Celestino e Mercedes son veciños de aldeas en risco de despoboamento. Tras pasar gran parte da súa vida na cidade, conversan sobre o valor que ten vivir no rural. Non poderían subsistir sen os sons da natureza, a tranquilidade ou a saúde mental que o seu fogar lles brinda. O traballo, a familia e a conciliación son posibles en Os Casares, O Moredo e A Teixeira. Mais as preocupacións e dificultades que implica elixir este estilo de vida cobran importancia á hora de decidir que é o mellor para o futuro das súas fillas. Pese a todo, por que seguen escollendo o rural?