Sinopsis
Unha homenaxe á sinxeleza, os obxectos e os inicios do cinema. Hoxe que vivimos na era dixital e todo é posible, o profesor Macaya e a señorita Carricondo crean un mundo fantástico cos recursos máis sinxelos e humildes. Obradek é un símbolo e un pretexto para que, a través duns artefactos inventados polo profesor Macaya, se cree un show máxico, emulando os espectáculos de feira que se facían a finais do século XIX.