Sinopsis
Rachid, un mozo inmigrante marroquí, sobrevive nun albergue e loita polo seu soño español. Aínda que nada lle resulta doado, consegue un traballo nun restaurante e logra quedar coa moza que lle gusta. Porén, a realidade demostraralle que apenas ten opcións, que as súas cartas veñen marcadas pola súa orixe magrebí.