Sinopsis
Unha familia de ámbito rural vive nunha masía illada construída polos seus devanceiros. Debido á humidade e a incomunicación, o seu mantemento tórnase imposible e é declarada en ruínas. Mentres a familia loita por salvar o seu fogar, Elián, un adolescente, e Irene, a súa irmá pequena, recuperan unha afección do seu avó: mediante gravacións en Super8, converterán os espazos nunha lembranza. Durante o proceso, comezarán a sentir curiosidade por saber cal será o seu novo lugar.