Sinopsis
Ánxela é unha moza galega de 27 anos. Leva case un ano deseñando o seu vestido de noiva e planeando a súa voda con Saúl, que atende un local de xeados en Santiago. Aínda que Ánxela non estudou a carreira de deseño de moda, formouse no humilde obradoiro de costura que teñen a súa nai e a súa tía nun antigo local no centro da vila. Unha mañá chégalle a noticia de que unha famosa deseñadora mexicana que ten unha empresa de alta costura en Madrid quere coñecela, logo de ver o seu currículo e a solicitude de emprego que enviou. Esta viaxe e a súa incursión no mundo da alta costura mudarán a súa vida e prioridades ao verse envolvida nunha serie de enredos e situacións e de ser vítima do plaxio dun deseño.