Sinopsis
Un soberano galego que anhela acadar a sabedoría atopa na entrada dunha cova un bruxo que lle di: «Volve ao teus país e estuda a Terra e os astros do ceo; calquera parte do mundo é unha imaxe abreviada del. Montarás nesta frecha, que deberás gardar durante cen anos e un día. Despois deste tempo, crávaa no val máis amplo de todos cantos posúes, coa punta cara ao ceo; entón chegará a Lúa e, do mesmo xeito que exerce a súa acción sobre as augas do mar, así actuará sobre a frecha, converténdoa nun monte sagrado» (Lenda sobre o Pico Sacro).