Sinopsis
“Con este documental pretendo dar visibilidade e recoñecemento a un dos máis grandes músicos galegos, Florencio López”.
Nace no ano 1914 nun ambiente rural, no municipio da Fonsagrada. Sofre varíola na súa infancia, ademais dunha parálise que o deixa cego e con pouca mobilidade. Logo de estudar música e violín con outro cego, decide seguir aprendendo violín pola súa conta e acaba converténdose nun grande intérprete deste instrumento.
Recorre as vilas e aldeas do norte de Lugo e o oeste asturiano tocando en romarías, vodas, ruadas, bautizos, feiras e en todos cantos sitios o chaman. O seu legado, ademais de extenso e variado, é a gran referencia do violín tradicional.