Sinopsis
Dende o inicio da miña carreira como realizador interesoume traballar a medio camiño entre a pintura, o cinema e a música, creando relatos surrealistas inspirados na miña vida dun xeito dislocado e confuso; algo que eu chamo «caleidoscopios autobiográficos». Alguén me chamou Serpe Negra, que constitúe o meu sétimo proxecto de animación experimental, continúa nesa liña de relatos oníricos a medio camiño entre o imaxinario e o autobiográfico. O filme amósanos a procura dunha serie de personaxes, apenas bosquexados, que emprenden unha viaxe física e mental dende a cidade, ruidosa e desordenada, ata alcanzar a costa e os seus novos misterios nunha sucesión de escenas que nos remiten para a descuberta e a sede de aventuras.