O Mellor do Ano

MONSTRUO

Auditorio Gustavo Freire
mércores, 25 de Setembro de 2024 - 17:30

Cando o seu pequeno fillo Minato comeza a comportarse de forma estraña, a súa nai sinte que algo vai mal. Ao descubrir que o responsable de todo é un profesor, irrompe na escola exixindo saber que está a pasar.

VIDAS PASADAS

Auditorio Gustavo Freire
mércores, 25 de Setembro de 2024 - 20:00

Nora e Hae Sung, dous amigos da infancia cunha forte conexión, separáronse cando a familia de Nora, que entón tiña só dez anos, emigrou dende Corea do Sur ao Canadá.

PERFECT DAYS

Auditorio Gustavo Freire
xoves, 26 de Setembro de 2024 - 17:30

Hirayama semella estar totalmente satisfeito coa súa sinxela vida de limpador de retretes en Tokio. Fóra da súa estruturada rutina diaria, goza da súa paixón pola música e os libros. Encántanlle as árbores e failles fotos.

YO, CAPITÁN

Auditorio Gustavo Freire
venres, 27 de Setembro de 2024 - 17:30

Seydou y Moussa son dous mozos que abandonan Dakar para emprender camiño a Europa. Unha odisea contemporánea a través dos perigos do deserto, os horrores dos centros de detención en Libia e os perigos do mar.

MAMACRUZ

Auditorio Gustavo Freire
sábado, 28 de Setembro de 2024 - 20:00

Cruz é unha avoa que leva moitos anos, décadas xa, sen saber o que é un orgasmo. Ela, devota das súas crenzas relixiosas, non lle daba importancia nin tampouco era algo no que reparara...