Sinopsis
Sufrir abuso infantil márcate, condiciónate e limítate. Mais, que hai despois?
7:11 Cuarzo é unha curta documental que profunda nas consecuencias e nos amosa as diversas formas que existen de vivir o duelo logo de sufrilo: das secuelas, do camiño tras romper o silencio e destruír o estigma. Fala sobre o tratamento e o coidado das feridas con testemuños de quen sufriu abusos e agresións. Aprender a vivir de novo cando te arrebatan o máis prezado: a inocencia.