Sinopsis
Rebeca ten unha nova compañeira na casa onde vive, situada nunha vila ourensá na que se dedica a escribir o seu libro sobre a sexualidade nas vilas. Sonia, a súa nova inquilina, ten un vago recordo da súa vila natal, á que volta por traballo. Se cadra este recordo da súa vida alí non é o único que a une a ese lugar.