Sinopsis
Ningún Deus fala sobre identidade a través do Entroido tradicional do rural da provincia de Ourense. Esta peza xorde da investigación sobre os vencellos entre o rito máxico e a construción da identidade e a memoria colectivas da comunidade. Ningún Deus amosa precisamente a construción dunha das máscaras tradicionais do Entroido ourensán, a do peliqueiro de Laza, a través dos días e os momentos previos á súa primeira saída polas rúas e prazas da vila.