Sinopsis
O burro presidiu durante moitas décadas a cociña das Bichas en San Ciprián de Hermisende. Sen moito esforzo, unha vella podía levar a caldeira con comida para catro ou cinco porcos ata a trapela que comunicaba coa corte, que permitía debrocar directamente na maseira, tres metros máis abiaxo. O burro era imprescindible no proceso de ceba dos porcos, imprescindibles á súa vez para alimentar a familia durante todo o ano. O burro descansaba algo, non xiraba, a partir da matanza, desde que se facían os chourizos, que ocupraban o radio de xiro do aparello. A cadea do burro seguía suxeitando o pote e, nalgún dos seus elos, sostiña tamén o candil ou a candieira que alumaban mínimamente, xunto coas lapas do lume, a lareira onde se preparaba e consumía o alimento, onde os corpos fuxían do frío.