Sinopsis
O argumento narra a historia dun director de cinema que quere rodar un documental sobre a milagre urbanística de Pontevedra pero que en plena rodaxe se decata de que coñece pouco a cidade e de que ademais o tema non o motiva moito. Entra en crise creativa e chega á conclusión de que quere rodar unha ficción. Contacta coas súas actrices habituais e, entre todo o equipo, logra sacar adiante o proxecto.