Sinopsis
Neste retrato dunha muller de campo galego descubrimos os valores de quen un día dominaron a historia. Segundo quedou marcada co seu nome cando naceu, mais tiña outros plans. Dende unha pequena aldea galega, esta matriarca de oitenta anos viviu a súa vida coa determinación e a personalidade dos emperadores romanos que conquistaron o mundo.
Nota da Directora: «Segunda (si, así se chama) ten 79 anos. Ela é a miña tía avoa, un piar extraordinario na miña familia. Con 21 anos, decidiu emigrar xunto co seu marido a Alemaña, onde superou numerosas barreiras como o idioma, o traballo e a separación dos seus fillos para construír un futuro mellor para a súa familia. Ela é unha das gladiadoras que loitou polo seu futuro e regresou á súa terra, unha pequena vila de Galicia. Neste documental, honramos a súa experiencia creando unha metáfora que compara estas mulleres migratorias cos antigos césares romanos».