Sinopsis
Despois de varios erros coa súa parella, Cibrán decide quedar con Noa para falar as cousas, pero atoparase con que ás veces na vida hai que saber aceptar que non sempre xiramos na mesma dirección que a xente que queremos.
Leña Verde é unha curtametraxe que convida a reflexionar sobre as expectativas que xeramos, sobre a aceptación da perda, e sobre sabermos coñecer os nosos tempos como individuos para darmos pasos na vida.