Actividades especiais da XLVI Semana de Cine de Lugo

1 Acto Inaugural

“A maxia da música”, a cargo da Banda “Sons e Soños”, dirixida por Armando Morales, e do Mago David Méndez

1 Concurso

“Escaparates de cine”, en colaboración con Lugo Monumental

3 Placas Paseo do Cine

Baños Films, Melania Cruz e Ánxel Fole

4 Publicacións

Libro catálogo
Xornal da Semana
Libro “Baños films”
Libro “Ánxel Fole e o cine”, de Claudio Rodríguez Fer

1 Exposición

Carteis de Cine Cubano, de Eduardo Muñoz Bachs

6 Homenaxes

Melania Cruz, actriz lucense
Ánxel Fole
Bernardino Barreiro, fotógrafo
Aspnais
O mundo da saúde. Proxeccións e mesas de diálogo sobre “O suicidio” e “O Covid”
3 expresidentes de Fonmiñá: Tomás Paniagua, iniciador da Semana, Vicente Quiroga  e Manrique Villafranca

1 Acto de Clausura

Entrega de premios do Concurso “Escaparates de cine”, proclamación das películas gañadoras e proxección da “Mellor película da sección oficial”, “mellor documental”, “Mellor curtametraxe galega” e Mellor película de “As curtas tamén son cine”.

 

Calendario

Luns, 23

17:00: Biblioteca Provincial: Inauguración da exposición de carteis de Cine Cubano de Eduardo Muñoz (do 23/9 a 12/10/24)
19:00: Paseo do Cine: Descubrimento da placa homenaxe a Baños Films
20:00: Salón Deputación: Presentación do libro homenaxe a Baños Films
22:00: Auditorio Gustavo Freire: Inauguración da Semana con “ A maxia da música”, coa actuación da Banda Sons e Soños, dirixida por Armando Morales e do mago David Méndez. Primeira proxección da sección oficial

Martes, 24

18:00: Xunta de Galicia. Presentación da película “Os valores no Camiño”
20:00 : Deputación Provincial: Homenaxe a Aspnais. Intrerveñen J. Reigosa e Xulio Xiz.  Proxección de “La naturaleza de lo extraordinario” (Ligia Pájaro, Vicente Navarro)

Mércores, 25: Homenaxe ao mundo da saúde

17:30: Deputación Provincial. Proxección de “Heroes olvidados” (Juan Manuel Plaza Pascual). España, 2023
19:30: Falemos do Covid. Que pasou na pandemia?. Modera Xulio Xiz. Interveñen: Lourdes Bermello López (Enfermeira de Hospitalización no Hula; Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo), Isidoro Rodríguez Pérez (E.U.E de Lugo, Académico da Academia de Enfermaría de Galicia),   Manuel Bernardino Pardo Teijeiro, Manu (Médico de atención primaria),  Sagrario Fernández Méndez, Marisé, (Traballadora social) e Mercedes Castro Bal (Psicóloga especialista en psicología clínica)
20:00: Deputación Provincial. Proxección da longametraxe “Dolor impune”  (Gabriel Chicano). España, 2023
21:35.- Falemos de “Suicidio”. Modera: Xulio Xiz. Interveñen: Fernando Truque (Director de  Alar Galicia), Elena Fernández (Psiquiatra. Responsable MIR psiquiatría, Sergas Lugo) e  Miriam Vázquez Campo (enfermeira, psicóloga, membro da Academia de Enfermaría)

Xoves, 26

20:00: Deputación Provincial. Homenaxe ao fotógrafo Bernardino Barreiro
Proxección de “O Rizo”, Galicia, 2023. 7 min. Dtor: Xoán Bregua
20:20 aprox.: Deputación Provincial. Homenaxe “Ánxel Fole e o cine”. Presentacion do libro "Ánxel Fole e o cine" (C. Rodríguez Fer). Interveñen: Claudio Rodriguez Fer, Enrique R. Baixeras, Manolo Curiel e Xulio Xiz. Proxección de “O cadaleito”. Galicia, 1976-30 minutos

Venres, 27

18:30: Paseo do cine. Descubrimento das placas de Melania Cruz e Ánxel Fole. Intervirán Melania Cruz e Claudio Rodríguez Fer
20:00: Deputación Provincial. Homenaxe a Melania Cruz. Intervirán: Melania Cruz, Alfonso Zarauza, Manuel Curiel e Xulio Xiz. Proxección de “Pontevedra hora cero”. Galicia, 2023. 36 min. Dtor: Alfonso Zarauza
22:30: Auditorio. Proxección de “Vestida de blanco”, última das películas da sección oficial, presentada pola súa directora, a mexicana Noelia Roel

Domingo, 29

17:00: Auditorio. Gala de clausura: Entrega de premios do Certame de escaparatismo; Homenaxe aos ex presidentes de Fonmiñá. Anuncio do Palmarés da Semana de Cine e Proxección das películas premiadas