Sinopsis
Gravado durante máis de dez anos, o documental Aurora comeza sendo un retrato da vida dunha veciña do rural galego. Aurora e Area, mulleres próximas de mundos totalmente dispares e separadas por unha gran diferenza de idade, establecen unha forte relación de intimidade, confianza e profundas conversacións ligadas á morte, a familia, a guerra e a muller. A cámara é o terceiro personaxe nesta permanente busca onde a ollada, igual ca elas, varía organicamente no tempo.