Ir o contido principal
Concepción Arenal, 63 - Entrechan - 27004 - Lugo     ‌ info@semanadecinedelugo.com
Contacto
Inicio Inicio Semana de Cine de Lugo - 2024

Main navigation

  • Ciclos
  • Actividades
  • Actualidade
    • Novas
    • Prensa
    • Dossier de Prensa
  • Materiais
    • Xornal
    • Catálogo
    • Fotos
    • Vídeos
  • Fonmiñá

AVETIMOLOGÍA

  1. Inicio
  2. AVETIMOLOGÍA

Curtas Sección Oficial

Curtas Sección Oficial
Curtas Sección Oficial
/ Auditorio Gustavo Freire /
martes, 24 Setembro, 2024 - 22:00
Ficha Técnica

España, 2024-9 minutos
Director: Xosé Zapata
Voz en “off”: Marisa Paredes
Música: Manuel Riveiro
 

Sinopsis

Avetimología é unha curtametraxe de animación que combina as técnicas de stop-motion e 2D. Foi encargado por Acción Cultural Española (ACE) á produtora de animación Sygnatia no marco do Programa cultural da presidencia española do Consello da Unión Europea 2023, e conta a historia de Europa e España a través de distintas especies de paxaros que nos acompañan nunha viaxe pola historia, a arte e a natureza.
O director, Xosé Zapata, gañador do Goya a Mellor curta de animación 2022, homenaxea nela a herdanza literaria de escritores como Antonio Machado; pintores como Durero, Picasso ou Velázquez; músicos como Pau Casals; científicos como Linneo, ou cidades como Gernika, Madrid ou Santiago, protagonistas nalgúns dos fragmentos da curtametraxe.
Avetimología é unha curta que representa a través de duras imaxes da guerra e destrución do home a necesidade de aprender e reconciliarse coa natureza.
 

Datos de contacto

Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá
Concepción Arenal, 63
27004 - Lugo
info@semanadecinedelugo.com
Aviso Legal · Política de cookies

  • ‌
  • ‌