Ir o contido principal
Concepción Arenal, 63 - Entrechan - 27004 - Lugo     ‌ info@semanadecinedelugo.com
Contacto
Inicio Inicio Semana de Cine de Lugo - 2024

Main navigation

  • Ciclos
  • Actividades
  • Actualidade
    • Novas
    • Prensa
    • Dossier de Prensa
  • Materiais
    • Xornal
    • Catálogo
    • Fotos
    • Vídeos
  • Fonmiñá

FLORENCIO, O CEGO DOS VILARES

  1. Inicio
  2. FLORENCIO, O CEGO DOS VILARES

Cine Galego

Cine Galego
Cine Galego
/ Salón Actos Xunta de Galicia /
xoves, 26 Setembro, 2024 - 18:00
Ficha Técnica

Galicia, 2023-60 minutos.
Director: Pancho Álvarez
Fotografía: Manuel Fernández

Sinopsis

“Con este documental pretendo dar visibilidade e recoñecemento a un dos máis grandes músicos galegos, Florencio López”. 
Nace no ano 1914 nun ambiente rural, no municipio da Fonsagrada. Sofre varíola na súa infancia, ademais dunha parálise que o deixa cego e con pouca mobilidade. Logo de estudar música e violín con outro cego, decide seguir aprendendo violín pola súa conta e acaba converténdose nun grande intérprete deste instrumento.
Recorre as vilas e aldeas do norte de Lugo e o oeste asturiano tocando en romarías, vodas, ruadas, bautizos, feiras e en todos cantos sitios o chaman.  O seu legado, ademais de extenso e variado, é a gran referencia do violín tradicional.

Datos de contacto

Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá
Concepción Arenal, 63
27004 - Lugo
info@semanadecinedelugo.com
Aviso Legal · Política de cookies

  • ‌
  • ‌