Sinopsis
Estreno: 02-09-1976 La Coruña.
Inspirado no conto «A caixa de morto», de Anxel Fole. Trátase dun relato case naturalista que insiste en motivos costumistas e testemuñais da vida rural galega. O argumento refire como uns ladróns pretenden valerse dun cómplice escondido nun cadaleito para entrar nun pazo, pero este é descuberto e abatido a tiros polo administrador.
Ánxel Fole Sanchez (Lugo, 1903-1986) descubriu o cine moi neno no seu Lugo natal. Os seriais e as películas de xénero conformaban as súas primeiras lembranzas cinematográficas. A afección de Fole ao cine naceu pois en Lugo nas primeiras décadas do século XX e foise incrementando durante os seus anos universitarios en Valladolid, Madrid e Santiago de Compostela, máis ou menos entre 1927 e 1933.