Ir o contido principal
Concepción Arenal, 63 - Entrechan - 27004 - Lugo     ‌ info@semanadecinedelugo.com
Contacto
Inicio Inicio Semana de Cine de Lugo - 2024

Main navigation

  • Ciclos
  • Actividades
  • Actualidade
    • Novas
    • Prensa
    • Dossier de Prensa
  • Materiais
    • Xornal
    • Catálogo
    • Fotos
    • Vídeos
  • Fonmiñá

QUEIMAR CANDO MORRA

  1. Inicio
  2. QUEIMAR CANDO MORRA

Cine Galego (Curtametraxes)

Cine Galego (Curtametraxes)
Cine Galego (Curtametraxes)
/ Vello Cárcere /
martes, 24 Setembro, 2024 - 20:00
Ficha Técnica

Galicia, 2024-12 minutos
Directora: Inés Pintor

Sinopsis

O 11 de agosto de 2020 morre a miña avoa Encarna. Baleirando a súa casa, atopamos nun dos armarios do seu cuarto un paquete cunha nota que dicía: «Queimar cando morra, un nosopai e ao lume». Ao abrilo, comecei a recrear a súa historia, a nosa historia familiar.  A vida dunha muller e de todas as mulleres que naceron nos anos 30, que casaban, que tiñan fillos. Unha reflexión sobre a familia a partir das imaxes de Super8 e das fotos que encontrei nese paquete. Unha reflexión sobre como lembramos as nosas vivencias persoais, sobre como o pasado da nosa familia nos marca no presente. O que importa non é o que nos deixan os nosos seres queridos cando marchan. O que importa é o que xeramos nós con estas lembranzas.

Datos de contacto

Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá
Concepción Arenal, 63
27004 - Lugo
info@semanadecinedelugo.com
Aviso Legal · Política de cookies

  • ‌
  • ‌