Ir o contido principal
Concepción Arenal, 63 - Entrechan - 27004 - Lugo     ‌ info@semanadecinedelugo.com
Contacto
Inicio Inicio Semana de Cine de Lugo - 2024

Main navigation

  • Ciclos
  • Actividades
  • Actualidade
    • Novas
    • Prensa
    • Dossier de Prensa
  • Materiais
    • Xornal
    • Catálogo
    • Fotos
    • Vídeos
  • Fonmiñá

SEGUNDA

  1. Inicio
  2. SEGUNDA

Cine Galego (Curtametraxes)

Cine Galego (Curtametraxes)
Cine Galego (Curtametraxes)
/ Vello Cárcere /
martes, 24 Setembro, 2024 - 17:30
Ficha Técnica

Galicia, 2024-17 minutos
Directora: Anita Pico
Fotografía: Pedro Galbán
Reparto: Segunda García

Sinopsis

Neste retrato dunha muller de campo galego descubrimos os valores de quen un día dominaron a historia. Segundo quedou marcada co seu nome cando naceu, mais tiña outros plans. Dende unha pequena aldea galega, esta matriarca de oitenta anos viviu a súa vida coa determinación e a personalidade dos emperadores romanos que conquistaron o mundo.
Nota da Directora: «Segunda (si, así se chama) ten 79 anos. Ela é a miña tía avoa, un piar extraordinario na miña familia. Con 21 anos, decidiu emigrar xunto co seu marido a Alemaña, onde superou numerosas barreiras como o idioma, o traballo e a separación dos seus fillos para  construír un futuro mellor para a súa familia. Ela é unha das gladiadoras que loitou polo seu futuro e regresou á súa terra, unha pequena vila de Galicia. Neste documental, honramos a súa experiencia creando unha metáfora que compara estas mulleres migratorias cos antigos césares romanos».

Datos de contacto

Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá
Concepción Arenal, 63
27004 - Lugo
info@semanadecinedelugo.com
Aviso Legal · Política de cookies

  • ‌
  • ‌