LITERATO
Max é un actor que volve á súa vila logo dunha separación matrimonial e dunha carreira repleta de papeis secundarios.
Max é un actor que volve á súa vila logo dunha separación matrimonial e dunha carreira repleta de papeis secundarios.
Noah é un rapaz de 17 anos que acode a casa de Luna para axudarlle co exame de filosofía que ten o día seguinte. Luna é unha rapariga que todo o cuestiona e que prefire pasar a noite pensando no seu mozo que estudando para o exame.
Ana regresa á vila polo verán para montar un cinema logo de vivir un tempo nunha gran cidade. Alí atópase con Lucía, unha vella coñecida. A súa amizade irá medrando mentres Ana loita por recuperar a súa vida no medio rural.
Alba e Martín emprenden unha viaxe cara ao sueste español. Fan unha parada nun casarío illado en medio do deserto, a explanada do cal está ateigada de mobles e obxectos á venda.
Unha historia de dúas persoas novas intersexuais, da súa loita por superar os obstáculos sociais e da súa propia aceptación.
Vicentín é un rapaz da aldea que traballa no bar dos seus pais, farto de ser o branco das gargalladas dos clientes.
Tras a morte da súa nai, Alma volve á súa vila, onde ten que se facer cargo da casa familiar.
Berta, unha muller madura de clase alta, leva tempo contratando os servizos de Alberto, un scort profesional co que se ve unha vez por mes nun cuarto de hotel.