Sinopsis
A historia do Brasil está escrita con sangue. Primeiro foi a invasión do seu territorio, logo o xenocidio dos pobos orixinarios, o saqueo dos seus recursos naturais, a escravitude e así, a construción dunha sociedade caótica que, dende hai máis de 500 anos se afixo a convivir co espectro da violencia. En 2021, o país rexistrou máis de 40 000 homicidios e en 2022 a poboación na cadea superaba as 700 000 persoas, mais, mesmo así, estímase que ata o 70% dos homicidios cometidos no Brasil quedan sen resolver e os culpables continúan impunes.