TODO VA BIEN
Rachid, un mozo inmigrante marroquí, sobrevive nun albergue e loita polo seu soño español. Aínda que nada lle resulta doado, consegue un traballo nun restaurante e logra quedar coa moza que lle gusta.
Rachid, un mozo inmigrante marroquí, sobrevive nun albergue e loita polo seu soño español. Aínda que nada lle resulta doado, consegue un traballo nun restaurante e logra quedar coa moza que lle gusta.
Os pioneiros do cinema e a animación no París da Belle Époque, as fontes de inspiración do turolense Segundo de Chomón e as súas achegas no 150 aniversario do seu nacemento.
1970, nunha institución relixiosa. Baixo a autoridade do Padre De Monval, un mozo interno asiste á proxección dun filme e é testemuño dun cambio de programa que trastorna a súa vida cotiá.
Un pai enfróntase á morte da súa filla de nove anos. Será a través da música, a súa paixón e o vencello existente entre eles, como aprenderá a vivir coa dor da perda.
Manting, unha muller chinesa duns 60 anos, reencóntrase coa súa amante lesbiana da adolescencia cando falece unha das súas antigas compañeiras de clase.
Dielli realiza servizo comunitario nunha biblioteca mentres o seu pai loita contra a adicción ao alcohol.
Un mozo migrante consegue alcanzar a costa andaluza. Porén, o que parecía a fin non será máis que o punto de partida cara a unha nova odisea na que volverán perigar os seus soños e certezas.
Hai temas que non poden agardar ata á sobremesa.
Cando nacen son preciosos, case perfectos. Mais medran tan rápido. Oxalá existise un modo de desfrutar para sempre desa idade irrepetible.
Alí, na penumbra, logo dun atraco de resultado previsible, unha nai e o seu fillo manteñen unha difícil conversa.
Praza Altitude Cent, en Bruselas. William (55) mente dicindo que agarda polo tranvía; Beatriz (38) finxe que todo vai ben, e Evdoyka (75) tenta convencerse de que o conseguirá.
Anastasia, de 27 anos, decide provocar un encontro con Jef, de 54. Xuntos vivirán o momento suspendido e intenso que só pode producir o primeiro encontro entre un pai e a súa filla.
A. atópase co cartón dun indixente e dálle unha esmola. Amolada polo feito de que a indixente non apareza, séntese insegura e inicia unha conversa na que revela a súa propia necesidade de identidade.
Cando unha moza accede a satisfacer unha peculiar petición a cambio dun luxoso par de zapatos, o que comeza como un simple acto de submisión, rápido se descontrola e logo se torna incontrolable, o cal altera a identidade dela e a colección de zapa
Yaya é unha rapariga con síndrome de Down farta de ser ignorada e infantilizada por todos á súa volta.
Esta é a sexta grande extinción, a guerra polos recursos naturais. Isabelle, violinista e apicultora, protexe as súas abellas na illa de Ouedsant e transmite a súa paixón á súa filla Helene.
Nunca sabes onde vas atopar unha verdadeira amiga.
Unha madrileña viaxa á casa do seu pai en Kazajistán para reconciliarse co seu pasado.
Abril de 2022. A unha antiga casa baleira acábase de mudar unha parella de mozos, Manzano e Pía. Dende a primeira noite que pasan nela, perciben que hai algo que os conecta con ese lugar.
Dous amigos quedaron cun tipo por Internet para mercar unha bicicleta. Mentres agardan por el, organizan unha fin de semana na praia. Agustín calcula a data idónea baseándose en cando lle baixa a regra á súa moza.
Juan tira unhas caixas de pizza no colector de papel sen se decatar de que a graxa impide a súa reciclaxe. Patri comeza a dubidar do seu compromiso co medio ambiente. En que cubo se tira o aceite? E as pilas? E o tóner?
A suspensión da incredulidade foi sempre un requisito fundamental por parte do espectador na súa relación cos filmes.
Un científico pasa os días lembrando a súa namorada falecida. Dedica a súa vida enteira a construír un artefacto que lle permita alongar a súa propia vida para así ter tempo de encontrar a maneira de traela de volta.
Ashia, unha rapaza obediente que está atrapada na rutina, obsesionase cunhas montañas ás que quere viaxar. A súa familia, que é un tanto peculiar, tentará impedir que leve a cabo a súa viaxe.
A historia segue a Mark, un mozo que sente unha gran paixón polos bailes de salón, un pasatempo ao que lle introduciu a súa avoa, que era bailarina profesional.
Nesta curtametraxe de 15 minutos, catro personaxes de igual importancia loitan por encontrar o seu lugar no universo.
Un pai novo da Irlanda rural debe enfrontarse á súa ansiedade a respecto do xénero e o acoso escolar cando o seu bebé nace intersexual.
A través da ollada duns nenos, La paz de los Cementerios narra unha historia real de supervivencia e fraternidade en medio dos abusos perpetrados por un cura durante a posguerra española nun ambiente onde o medo exerce o seu poder para silenciar a
Para a ponte, Ernesto e Nati, non buscaban máis emocións que visitar os principais atractivos turísticos da cidade e ir ao parque de atraccións, o regalo de aniversario do pequeno Pablo.
Esta é a historia do meu avó, Tiago Florit, que durante 50 anos foi operador cinematográfico no Teatro Principal de Mahón, en Menorca.
Mateo ten un soño recorrente. Nel, unha anciá aparece aforcada nun pequeno cuarto. El segue coa súa vida sen darlle demasiada importancia. Acaba de comprar unha casa de luxo e está no cumio da súa carreira; non ten nada de que preocuparse.
Antonio convive coa súa avoa discapacitada e cega nunha pequena casa de campo. A anciá leva tempo pedíndolle unha morte asistida coa condición de que a nai de Antonio, a súa filla, estea presente.
Ana perde o seu novo smartphone nos restos dunha festa. Grazas a xeolocalización do dispositivo, está segura de que está entre o lixo que foi almacenado nos colectores. Pablo, a súa parella, chega para axudala.
Ona, unha executiva creativa dunha grande empresa, está a piques de lanzar ao mercado a última revolución tecnolóxica: un dispositivo que permite escoitar música directamente dende o cerebro.
Pablo acaba de quedar só e o único que quere é seguir coidando do que o mantén vivo: a súa horta. É 26 de agosto, e Laura, como cada aniversario, vai comer co seu avó para celebralo.
Iria y Satya aterran nunha vila de Sevilla co obxectivo de establecer un contacto intergaláctico entre Urano e a Terra. A misión exixe encontrar un voceiro ao que entregar a esfera de comunicacións Delta-Tig-Zero.
Lucía está tranquila en casa, á espera dunha visita. Cando Esteban chega, nada é o que parece e o medo apodérase dela.
To bird or not to bird, esa é a cuestión. Unha mirada crítica e caleidoscópica do mundo actual contada a través das traxicómicas e esperpénticas vivencias duns paxaros.
Ana e Juan son unha parella aparentemente normal. A violencia vicaria que Juan exerce sobre Ana non se pode ver.
Unha familia de ámbito rural vive nunha masía illada construída polos seus devanceiros. Debido á humidade e a incomunicación, o seu mantemento tórnase imposible e é declarada en ruínas.
Un extenente coronel retirado da Garda Civil, malia ter un gran corazón, é un pouco rabudo e volveuse paranoico coa idea de vivir fóra da súa casa.
Carolina terá que lidar cos medos infantís da súa filla Alicia, que acaba de quedar cega e cre que unha vella habita no seu cuarto.
A historia do Brasil está escrita con sangue.
Félix é un adolescente que un día reúne o valor para saír do armario coa súa familia. É na súa cabeza onde se sinte verdadeiramente libre, onde pode ser el mesmo e enfrontarse con valor aos numerosos desprezos do seu pai.
Manuel, propietario dun pequeno negocio no centro, e a súa filla Vicky, licenciada recentemente na Universidade de Burgos, sobreviven a un mal período no seu piso do centro.
Mario quere levar unha vida normal pero non pode evitar facela extraordinaria.
Solpor no bosque. Logo dunha frenética persecución, un homínido de aspecto fero enfróntase a un ancián e á súa cadela-hiena, cun resultado inesperado.
Tras a separación dos seus pais, Berta (7) vai coa súa nai e a súa irmá a pasar uns días de verán na casa de campo da súa avoa.
Unha nena pequena le para durmir.
Lukas e Léa conducen ata o lugar da cremación do seu mellor amigo, Ben, que morreu nun accidente. A gorra do defunto está sobre o salpicadeiro. No camiño, Lukas decide deterse para amosarlle a Léa un lugar onde lle gustaría esparexer as cinzas.
Salva é un máis dos centos de repartidores de comida rápida que cada noite percorren as rúas de calquera cidade, aínda que ten algunhas características que o diferencian da maioría: é español, ten máis de trinta anos, acaba de ter unha filla e est
A rutina forma parte da vida de todas as persoas; todos en maior ou menor medida somos «vítimas» deste proceso. Aínda que ás veces pasan cousas que a alteran.
Rita e Clara son dúas irmás adultas que viaxan xuntas, mais hai tempo que as súas vidas son moi diferentes e non conseguen conectar.