Sinopsis
Tras a morte da súa nai, Alma volve á súa vila, onde ten que se facer cargo da casa familiar.
Alex, o seu primeiro amor, nunca abandonou a vila e formou alí a súa vida. Reencóntranse despois de vinte anos e durante unha fin de semana regresan a súa adolescencia e a sentir a maxia que lles facía estar xuntos. Os camiños que tomaron na vida e o seu reencontro anos despois faralles descubrir quen son realmente agora.