Sinopsis
Cando nacen son preciosos, case perfectos. Mais medran tan rápido. Oxalá existise un modo de desfrutar para sempre desa idade irrepetible. Petit Toujour combina os últimos avances en terapia xénica e bloqueo hormonal selectivo para ampliar o voso tempo co máis bonito que tedes no mundo, o voso bebé.