Sinopsis
Alba e Martín emprenden unha viaxe cara ao sueste español. Fan unha parada nun casarío illado en medio do deserto, a explanada do cal está ateigada de mobles e obxectos á venda. Consonte observan en silencio estas reliquias pertencentes a relacións esgazadas, perciben a nostalxia por un sentimento xa esgotado, cuxos últimos estertores lles amosan que a súa viaxe é unha fuxida cara adiante.
Esta historia é unha pequena radiografía das relacións sentimentais da sociedade actual, que, logo de completaren as tres primeiras etapas do ciclo natural dunha parella, tenden a estancarse pola ausencia de proxectos en común, pola ditadura do desexo capitalista ou pola inseguridade como froito das carencias afectivas durante a infancia.
Trátase dun drama intimista e xeracional contado dende o punto de vista de tres protagonistas femininas, en que a complexidade da natureza humana e a decadencia do amor dialogan coa paisaxe.