TRAS EL ARO
Relato coral da viaxe épica dunhas mulleres que deixan atrás Ucraína para acadar Europa. Un conflito armado, un país destruído, a chegada a un lugar onde ficar en paz: a montaña palentina.
Relato coral da viaxe épica dunhas mulleres que deixan atrás Ucraína para acadar Europa. Un conflito armado, un país destruído, a chegada a un lugar onde ficar en paz: a montaña palentina.
O documental narra a fuxida do escritor Florencio Delgado Gurriarán no comezo da Guerra Civil, cando os falanxistas tentaron acabar coa súa vida. Tras pasar por Portugal, chega a Francia, onde embarca cara a México no buque Ipanema.
Os cafeteiros da fronteira hispano-portuguesa traballaron entre a corrupción e a miseria en medio dunha raia. Unha etapa difícil de máis. En plena posguerra española, transitaban polo linde máis antigo de Europa á beira do Guadiana.
«Este timelapse foi un proxecto moito máis complexo do que nos esperabamos inicialmente, seguramente polo noso afán de captar os mellores momentos nos lugares máis fermosos de Asturias.
Dende hai máis de 5000 anos, os pastores habitan estas montañas dos Picos de Europa. Para os irmáns Mier, pastores dende os trece anos, este segue sendo o seu fogar. O ano pasado tiveron que vender o seu rabaño de ovellas.
Documental de produción independente baseado en testemuños e reflexións de traballadores sanitarios sobre o vivido e sufrido durante a crise sanitaria do COVID-19 e a fase de pospandemia no Estado español.
O proxeccionista dun antigo teatro narra a xénese do seu local e as vicisitudes que levaron á súa decadencia, logo de resistir por varios anos a crise xerada polo cinema dixital.
O documental amosa a realidade de traballadores que se atopan en situación de baixa laboral prolongada ou que solicitan unha valoración de incapacidade permanente. A resolución depende do ditame do Tribunal Médico.
Aníbal Alencastro traballou en diferentes salas de cinema en Mato Grosso nas décadas dos 50 e 60. Hoxe, lémbrase de historias relacionadas co oficio de proxeccionista.
Benín, infancia robada é unha intensa ollada do sufrimento e a resistencia en Benín, un país onde a venda de nenos e a explotación son unha tráxica realidade diaria.
Sufrir abuso infantil márcate, condiciónate e limítate. Mais, que hai despois?
Unha homenaxe á sinxeleza, os obxectos e os inicios do cinema. Hoxe que vivimos na era dixital e todo é posible, o profesor Macaya e a señorita Carricondo crean un mundo fantástico cos recursos máis sinxelos e humildes.