PURA
Unha muller, a propia directora do filme, sente a necesidade de descubrirse e buscar respostas. Colle unha cámara e filma por primeira vez a súa nai e a súa avoa. Sentiu a necesidade de volver a casa e estar con elas.
Unha muller, a propia directora do filme, sente a necesidade de descubrirse e buscar respostas. Colle unha cámara e filma por primeira vez a súa nai e a súa avoa. Sentiu a necesidade de volver a casa e estar con elas.
Miguel, Nico, Sara e Álex corren polo bosque tratando de fuxir de dous perseguidores que os queren matar. Álex non o consegue e é asasinado. Agora só quedan tres, que, sen armas, terán que arranxar a forma de escapar con vida do bosque.
A miña nai sempre me dixo que podía ser o que eu quixese. A través de vídeos caseiros gravados na miña infancia, falo sobre a miña crianza e a miña relación coa arte.
Cinco compañeiras dun lar de anciáns cun pasado familiar: traballadoras do rural na posguerra e emigradas. Son nais, esposas e por enriba de todo, mulleres. Falamos dos coidados, da desigualdade e de como elas entenden o feminismo.
Todas as casas gardan historias pasadas. Algunhas delas quedan fixadas, encerradas entre as paredes.
Unha reflexión sobre a memoria, o mundo dixital e os arquivos que xeramos a diario a través da galería audiovisual dun teléfono móbil.
Nun futuro dominado pola predición computarizada e o control político e social, un cidadán normal cuestiona a verdadeira autonomía humana nun mundo cada vez máis controlado polas máquinas.
Sara tenía 33 años cuando fue encerrada a vivir en su casa vieja en el casco antiguo de Santiago de Compostela. Llena de sueños y planes que se truncan, recuerda momentos de su vida en los que se sintió más libre.
Chema traballa nun mercado de abastos nunha pequena cidade do noroeste de España. O seu día comeza cedo; leva pedidos, arrastra caixas de xeo e peixe, transporta paquetes de marisco. Logo dun duro día de traballo, volve á casa.
Daniel, home de 60 anos, traballa nun estaleiro onde a cúpula directiva da empresa decidiu facer un despedimento masivo de traballadores, deixando familias enteiras sen sustento.
Neste retrato dunha muller de campo galego descubrimos os valores de quen un día dominaron a historia. Segundo quedou marcada co seu nome cando naceu, mais tiña outros plans.
Dende o inicio da miña carreira como realizador interesoume traballar a medio camiño entre a pintura, o cinema e a música, creando relatos surrealistas inspirados na miña vida dun xeito dislocado e confuso; algo que eu chamo «caleidoscopios autobi
O 11 de agosto de 2020 morre a miña avoa Encarna. Baleirando a súa casa, atopamos nun dos armarios do seu cuarto un paquete cunha nota que dicía: «Queimar cando morra, un nosopai e ao lume».
Logo da morte da súa avoa, Marina queda na casa onde vivían xuntas.
Rebeca ten unha nova compañeira na casa onde vive, situada nunha vila ourensá na que se dedica a escribir o seu libro sobre a sexualidade nas vilas. Sonia, a súa nova inquilina, ten un vago recordo da súa vila natal, á que volta por traballo.
Despois dunha importante reunión que mudará a súa vida para sempre, Paula vese obrigada a visitar a súa terra natal, Udra. A súa chegada ao lugar obrigaraa a reconectar coas súas raíces e reformular a súa vida.
O guión basease en textos extraídos de El extranjero e Calígula, de Albert Camus. A morte dunha nai sacude preguntas e sentimentos sobre a vida, a morte e a ausencia.
A vida de Filomena está tinxida de pobreza e dunha triste sombra de calamidade e tormento. Os terribles acontecementos da súa infancia, nunha aldea galega a finais do século XIX, marcarán o carácter da súa existencia.
Tres rapaces viven vidas moi diferentes, cada un cos seus gustos e vicios, ata que finalmente un día converxen por culpa do destino.
O burro presidiu durante moitas décadas a cociña das Bichas en San Ciprián de Hermisende.
Lo primero que la memoria olvida, al morir un ser querido, es su voz. Utilizando las cintas caseras familiares que su padre grabó entre 1997 y 2004, el autor traza una búsqueda a través de su propio recuerdo.
Nun futuro distópico, Electra traballa nunha empresa de marketing e no seu tempo libre deseña roupa.
Nunha noite en Galicia en que o océano e o ceo intercambiaban papeis, un grupo de estrelas saltou e mergullouse no Atlántico. E mentres as estrelas nadaban felizmente no océano, no negro ceo había aínda unha estrela brillando soa.
Tic-tac. Tic-tac. O tempo pasa e o vilán axexa. Quen me salvará do traballo de fin de curso? Nesta comedia de animación, unha moza estudante enfróntase coa ansiedade e o estrés de pórse a traballar nesta temible tarefa.
Despois de varios erros coa súa parella, Cibrán decide quedar con Noa para falar as cousas, pero atoparase con que ás veces na vida hai que saber aceptar que non sempre xiramos na mesma dirección que a xente que queremos.
Xosé Manuel Arias, alias "O Rizo" fue un fotógrafo "de rúa" que vivió en Ourense a mediados del siglo XX.
A fin do mundo sempre estivo cerca. Dende o inicio da nosa historia, a humanidade temeu a chegada do último día na Terra. Dende Mesopotamia ata a actualidade, centos de predicións sobre a fin do mundo. Pero... será hoxe por fin ese día?
A masificación turística, a ocupación do espazo público, o aumento do prezo da vivenda ou a perda do comercio tradicional non o sofren apenas as grandes cidades.
Sonia, Celestino e Mercedes son veciños de aldeas en risco de despoboamento. Tras pasar gran parte da súa vida na cidade, conversan sobre o valor que ten vivir no rural.
David e Lola van pasar uns días na casa rural do seu amigo Marcos. En medio da natureza buscan encontrarse e verse, deixar atrás a tristura que acompaña a Lola.
Na Galicia rural, un matrimonio de anciáns vive afogado na súa rutina. Sole está recluída na casa por e para o seu marido, como lle ensinaron. Todas as noites, Mario volve bébedo; os días repítense.
O último día na terra é unha produción completa, complexa e orixinal que nos amosa un día normal na vida do noso personaxe principal, que pasa de apañar na terra a formar parte dela.
Ningún Deus fala sobre identidade a través do Entroido tradicional do rural da provincia de Ourense. Esta peza xorde da investigación sobre os vencellos entre o rito máxico e a construción da identidade e a memoria colectivas da comunidade.
Valdeorras é unha rexión vitivinícola situada na fronteira física e climática de Galicia.
Un hijo afligido regresa a la ciudad natal de su madre, Quiroga, en Galicia, España, después de la pandemia, para hacer las maletas con su madre recientemente fallecida.
Nunha reunión familiar catro irmáns teñen que tomar unha decisión e non todos están dacordo.