As curtas cine son

CULTES

O Vello Cárcere
luns, 23 de Setembro de 2024 - 17:30

1970, nunha institución relixiosa. Baixo a autoridade do Padre De Monval, un mozo interno asiste á proxección dun filme e é testemuño dun cambio de programa que trastorna a súa vida cotiá.

AD ALMA

O Vello Cárcere
luns, 23 de Setembro de 2024 - 17:30

Un pai enfróntase á morte da súa filla de nove anos. Será a través da música, a súa paixón e o vencello existente entre eles, como aprenderá a vivir coa dor da perda. 

YAMAL

O Vello Cárcere
luns, 23 de Setembro de 2024 - 17:30

Un mozo migrante consegue alcanzar a costa andaluza. Porén, o que parecía a fin non será máis que o punto de partida cara a unha nova odisea na que volverán perigar os seus soños e certezas. 

NUE

O Vello Cárcere
martes, 24 de Setembro de 2024 - 17:30

A. atópase co cartón dun indixente e dálle unha esmola. Amolada polo feito de que a indixente non apareza, séntese insegura e inicia unha conversa na que revela a súa propia necesidade de identidade.

THE DEBUTANTE

O Vello Cárcere
martes, 24 de Setembro de 2024 - 17:30

Cando unha moza accede a satisfacer unha peculiar petición a cambio dun luxoso par de zapatos, o que comeza como un simple acto de submisión, rápido se descontrola e logo se torna incontrolable, o cal altera a identidade dela e a colección de zapa

ALLI

O Vello Cárcere
mércores, 25 de Setembro de 2024 - 17:30

Abril de 2022. A unha antiga casa baleira acábase de mudar unha parella de mozos, Manzano e Pía. Dende a primeira noite que pasan nela, perciben que hai algo que os conecta con ese lugar.

MAGIA NEGRA

O Vello Cárcere
mércores, 25 de Setembro de 2024 - 17:30

Dous amigos quedaron cun tipo por Internet para mercar unha bicicleta. Mentres agardan por el, organizan unha fin de semana na praia. Agustín calcula a data idónea baseándose en cando lle baixa a regra á súa moza.

LEONOR

O Vello Cárcere
mércores, 25 de Setembro de 2024 - 17:30

Un científico pasa os días lembrando a súa namorada falecida. Dedica a súa vida enteira a construír un artefacto que lle permita alongar a súa propia vida para así ter tempo de encontrar a maneira de traela de volta.

SISSY

O Vello Cárcere
mércores, 25 de Setembro de 2024 - 17:30

A historia segue a Mark, un mozo que sente unha gran paixón polos bailes de salón, un pasatempo ao que lle introduciu a súa avoa, que era bailarina profesional.

COMO EN CASA

O Vello Cárcere
xoves, 26 de Setembro de 2024 - 17:30

Mateo ten un soño recorrente. Nel, unha anciá aparece aforcada nun pequeno cuarto. El segue coa súa vida sen darlle demasiada importancia. Acaba de comprar unha casa de luxo e está no cumio da súa carreira; non ten nada de que preocuparse.

SINCOPAT

O Vello Cárcere
xoves, 26 de Setembro de 2024 - 17:30

Ona, unha executiva creativa dunha grande empresa, está a piques de lanzar ao mercado a última revolución tecnolóxica: un dispositivo que permite escoitar música directamente dende o cerebro.

URANITES

O Vello Cárcere
xoves, 26 de Setembro de 2024 - 17:30

Iria y Satya aterran nunha vila de Sevilla co obxectivo de establecer un contacto intergaláctico entre Urano e a Terra. A misión exixe encontrar un voceiro ao que entregar a esfera de comunicacións Delta-Tig-Zero.

SOC MARICÓ

O Vello Cárcere
venres, 27 de Setembro de 2024 - 17:30

Félix é un adolescente que un día reúne o valor para saír do armario coa súa familia. É na súa cabeza onde se sinte verdadeiramente libre, onde pode ser el mesmo e enfrontarse con valor aos numerosos desprezos do seu pai.

WAN

O Vello Cárcere
sábado, 28 de Setembro de 2024 - 17:30

Solpor no bosque. Logo dunha frenética persecución, un homínido de aspecto fero enfróntase a un ancián e á súa cadela-hiena, cun resultado inesperado.

LA CASQUETTE

O Vello Cárcere
sábado, 28 de Setembro de 2024 - 17:30

Lukas e Léa conducen ata o lugar da cremación do seu mellor amigo, Ben, que morreu nun accidente. A gorra do defunto está sobre o salpicadeiro. No camiño, Lukas decide deterse para amosarlle a Léa un lugar onde lle gustaría esparexer as cinzas.

SALVA

O Vello Cárcere
sábado, 28 de Setembro de 2024 - 17:30

Salva é un máis dos centos de repartidores de comida rápida que cada noite percorren as rúas de calquera cidade, aínda que ten algunhas características que o diferencian da maioría: é español, ten máis de trinta anos, acaba de ter unha filla e est